Háblame de la emigración

xeracion xeracion

 

PONTEVEDRA>  O IES A Xunqueira I acolleu esta mañá un encontro entre os seus alumnos e as voluntarias do Espazo Afundación de Pontevedra. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa “O valor da experiencia”, un proxecto no que as persoas maiores dialogan cos rapaces sobre as súas vivencias. Nesta ocasión o tema principal foi a emigración.

“O Valor da experiencia” ese é o nome do programa que está levando a cabo a Obra Social de Abanca nos centros escolares de toda Galicia. Hoxe tocoulle a quenda aos alumnos do IES A Xunqueira I.  O obxectivo era que os voluntarios do Espazo Afundación de Pontevedra contasen aos máis pequenos as súas experiencias durante a emigración en países como Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido ou Suíza.

Os alumnos do centro coñeceron de primeira man as historias dos voluntarios e todo o que aprenderon durante a súa estancia no estranxeiro.

Os tempos cambiaron moito dende que eles emigraron pero a pesar do duro que foi a súa experiencia no estranxeiro, as voluntarias aseguran que se puideran regresar ao pasado, non dubidarían en volver a facelo.Con esta iniciativa preténdese ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e as súas experiencias para que os máis pequenos aprendan a valorar o que teñen no seu día a día.

Fuente: Canal Rias Baixas