Josefa criouse cos seus avós nunha aldea preto de Lalín. Con vinte e dous anos decide marchar a Venezuela por falta de relación con eles e por non conxeniar coa súa nai.
En Venezuela había casas de reunión dos galegos, e a xente era moi humilde. Alí casou cun español e tivo unha filla. Despois separáronse e ela sacou a súa filla adiante e deulle estudos, chegando a ser médica.
Josefa traballou moi duramente na igrexa dos Dominicos, e en 1989 decide retornar pola situación que vive o país. A súa filla non quixo vir para Galicia, e ela seguiu visitando Venezuela cada ano ata 1997, cando decide non volver porque aquel xa non era o lugar que ela coñecera.

Foto 1
En Venezuela