Celestino marchou ao Río de Janeiro con tan só 500 pesetas no peto (3 €) levado polo seu afán de aventura. Ao ver chegar os emigrantes de Venezuela que volvían con fortuna, quixo probar sorte naquel país, mais tivo que optar polo Brasil ao se cerrar a cota de emigración ao país venezolano.
Cando chegou ao Río foi acollido na casa polo seu cuñado, e ao día seguinte xa tiña emprego como zapateiro, traballo que xa exercía en España. Mais o soldo nese emprego era pouco e non lle permitía aforrar, todo o que gañaba gastábao en comer, así que lle pediu ao seu cuñado, que era xefe de cociña no mellor restaurante do Río, que o levase traballar con el servindo bebida e sobremesa. Ese traballo permitiulle aforrar uns cruceiros, xa que comía e ceaba gratis no restaurante. Como o seu horario de traballo era de 16.00 a 24.00 h., de 7.00 a 15.00 h. seguía a traballar de zapateiro, e así estivo uns meses ata que non aguantou máis e decidiu mercar un taller de zapatería que pagou ao contado por 180.000 cruceiros. Ao mes, despois de axeitalo un pouco, comezou a traballar nel, e a partir de aí todo foi sobre rodas: Mercou unha casa e comezou a enviar diñeiro para España.
O Brasil deulle a Celestino grandes amigos e experiencias: enrolouse na Escola de Samba, coñeceu un almirante xubilado cliente da zapataría que lle regalou un talonario de entradas para ir ao Maracaná ver partidos de fútbol e así coñeceu a Zagalo, xogador de fútbol naquel momento que chegou a ser adestrador da selección do Brasil.

Diante da súa primeira casa, co seu fillo
Diante do colexio da súa filla
Cuns empregados da zapatería en Río de Janeiro
A Floresta Gávea
En Floreste da Tisuca cos seus fillos
Co seu fillo no Aterro do Flamengo
Coa súa muller na Avda. de Flamenco
En Río de Janeiro