Filla de emigrantes a Venezuela e a Londres, o seu pai marchou a América e nunca máis tiveron contacto con el ata o fin dos seus días, que a súa nai o acolleu. Isabel marchou con dezanove anos a Londres, buscando oportunidades de traballo e estudo. Alí viviu con monxas ás que axudaba na cociña, na limpeza…
O primeiro ano foi moi duro, a integración foi difícil e a morriña pesaba, mais as súas ansias por mellorar empuxárona a facer un curso de secretariado e puxo todo da súa parte para aprender o idioma.
Isabel valora como moi positiva a súa experiencia na emigración tanto no cultural coma no económico. O que máis lle chamaba a atención de Londres era que a sociedade era máis aberta, menos machista. Os homes tamén fregaban e facían traballos de todo tipo.
A pesar das dificultades coñeceu xente marabillosa, aprendeu o idioma, casou, tivo un fillo… Tras doce anos no estranxeiro, en 1975 a familia regresou para que ao seu fillo non lle custase a adaptación aquí.

 

No barco
Na habitación na residencia en que traballaba, practicado mecanografía
En Addleston coa súa nai e unha amiga
No barco no seu retorno a Betanzos nas vacacións de agosto
Coa súa familia visitando a casa de Shakespeare
Co uniforme de traballo diante da residencia de enfermeiras no Guy´s Hospital de Londres