Sara puxo rumbo a Inglaterra, concretamente a Londres, cando tan só contaba dezaseis anos de idade, acompañando a súa tía. Aos dous anos de chegar, con dezaoito, comezou a traballar no servizo doméstico, onde recoñece terse sentido respectada, aínda que no sector había certo abuso laboral. Até o momento de comezar a traballar, asistiu a un colexio alí para aprender mellor o idioma.
Londres converteuse entón no seu destino durante oito anos seguidos, e aínda que ao primeiro ela mesma confesa terse sentido soa, acabou por se adaptar facilmente á gran cidade ao facer amigos ingleses. Integrouse moi ben na vida social da capital británica.
Despois de oito anos, comezou a alternar estadías en Londres e España até rematar definitivamente de volta na casa e o regreso fíxoselle estraño, a rutina aquí era moi distinta, xa non se afacía e botaba en falta moitos dos costumes do país de acollida. Para Sara a experiencia da emigración foi moi positiva, aínda que hoxe teña saudade de Inglaterra.

Na súa casa de Londres co seu marido
Co seu home
Diante do monumento a Wellington
Á saída do seu traballo en Londres
Diante de Trafalgar Square
Visitando o zoo en Londres