José A. emigrou a Suíza con vinte e catro anos animado ao ver o éxito doutras persoas coñecidas que marcharan antes ca el. A integración no novo país foille fácil, sobre todo cando conseguiu aprender o idioma. O trato recibido sempre foi moi correcto e o traballo nunca lle faltou: na hostalería, na construción ou en correos, José puido aprender moitos oficios diferentes.
Todo o tempo que estivo alí mantivo os seus vínculos cos familiares e amigos, primeiro por carta e despois por teléfono, até que aos sesenta anos tivo lugar o regreso a Galicia. Aínda que José se integrou ben no país de acollida e a súa vida alí foi satisfactoria e resultou unha experiencia positiva, nunca perdeu a súa identidade galega. Entender a cultura allea, mantendo viva a súa propia foi unha cuestión importante para el, era a maneira de aprender e formarse, aceptando primeiro as súas raíces, «Además en aquella época los españoles no teníamos mucha formación».

Cuns compañeiros de traballo na inauguración dun novo taller
Cos seus compañeiros de traballo posando co primeiro chasis de locomotora que se montou na empresa
Nunha excursión organizada pola empresa
Con uns compañeiros de traballo na inauguración dun novo taller
Dando un paseo por Zurich Berg
Traballando xunto a unha turbina hidroeléctrica
De vacacións en Caracas cando traballaba en Tacher (Venezuela)