Esmeralda emigrou de mociña e solteira, animada pola presenza de catro irmáns seus que estaban en Venezuela traballando e cunha boa posición. Procedía dunha familia labrega, numerosa, polo que a emigración era a súa saída natural, e os galegos estaban moi ben valorados e tiñan moitas facilidades para encontraren traballo.
Venezuela era un país moi avanzado industrialmente e encontrou un emprego de interna cunha familia coidando os seus dous fillos. Durante dous anos ía polas tardes ao Centro Venezolano Americano para aprender inglés, xa que outra das súas irmás vivía en EEUU e a súa idea era marchar para alí.
En 1966 mudouse á cidade de Madison, estado de Wisconsin (EEUU), tamén de interna, coidando un neno dun ano. Como o inverno era moi frío, ao cabo dun ano trasladouse a Florida, buscando mellor clima e praia. Estivo nese estado cinco anos marabillosos, onde seguía formándose e mellorando e o seu inglés levada pola súa inquietude por aprender, e onde fixo amizade con moi boa xente de moitas comunidades, entre eles chineses.
As súas condicións laborais permitíronlle ter unha boa vida, casa propia e coche, e puido viaxar e coñecer bastantes cidades americanas e vir de vacacións todos os anos a Galicia. A diferenza da moderna EEUU coa súa Galicia natal era abismal, mais decidiu regresar por amor, cando nunha nunhas vacacións coñeceu o seu marido.

Foto tomada en 1967
Na clase de inglés cos seus compañeiros