Andrés tiña traballo fixo na siderurxia en Xixón, estaba casado e tiña unha filla de cinco anos. Pero, ademais das circunstancias políticas, nel había unha inquietude por coñecer mundo e viaxar, e xa os seus tíos viviran a experiencia da emigración a Cuba. Nun primeiro momento pensou na Arxentina como unha posibilidade, mais na oficina de emigración ofrecéronlle Australia, que xunto con Canadá eran os mellores destinos naquel momento. Foi así como a súa muller, a súa filla e el colleron o barco en Vigo. A viaxe durou vinte e seis días, e Australia facíase cargo de todos os custos.

Ao pouco tempo de chegar, o goberno proporcionoulle unha casiña. Inicialmente comezou limpando vagóns de tren, e ao cabo dun ano tivo a oportunidade de traballar como soldador nunha fábrica de tractores onde acabou como encargado. Na súa vida alí puido relacionarse con traballadores de moitísimas nacionalidades: polacos, italianos, chineses... A diferenza de Australia con Galicia era enorme. Aquí lavábase a roupa a man, en ríos ou lavadoiros públicos e secábase ao aire, mentres que alí había lavadoras e secadoras, onde botabas a roupa e ao cabo dunhas poucas horas a podías volver a poñer sen ter feito ningún esforzo.

Naquel país Andrés tiña un bo salario en dólares americanos e unha vida intensa e de calidade, non botaban nada en falta. Mantiña contacto por carta cos seus familiares e todos os anos viaxaban a Galicia de vacacións. Aínda que lle gustaba vivir en Australia, Andrés decidiu volver ao morrer a súa filla e posteriormente a súa muller.

Ao ano de chegar a Australia