Ysabel Sánchez Santos naceu na República Dominicana no ano 1955. Con dous fillos a cargo e como cabeza dunha familia monoparental tratou de saír adiante, non obstante, a falta de axuda familiar para o coidado dos seus fillos e as dificultades económicas que atravesaba nese momento motivárona a emigrar a España para tratar de mellorar a súa situación.

Con este propósito emigrou a España en 1990 deixando aos seus fillos na República Dominicana, unha práctica que tamén foi moi habitual na emigración galega. Ysabel chegou en avión a Portugal cun visado como turista e desde o país veciño trasladouse a Galicia atravesando a fronteira polo monte durante a noite para despois coller un taxi que a esperaba na estrada xeral.

Lembra esta etapa como moi dura, mais aínda así Ysabel considera que mereceu a pena, que grazas á emigracón saiu da República Dominicana sen nada e aquí logrou o seu obxectivo, gañar a vida e poder enviarlles cartos dinero aos seus fillos e labrarse un futuro.