Pilar emigrou a Suiza en 1980 pola falta de recursos e de traballo en Ourense. Tan pronto conseguiu arranxar os papeis e ter un contrato, marchou para xunta o seu home que xa estaba no país.
Aquí deixaban unha filla a cargo dos avós, mentres eles conseguían arranxarlle os papeis para poder levala, o que puideron facer dous anos despois.
Alí traballou nunha tinturaría durante todos os dez anos que estivo no país. Debido ao problema co idioma tivo que comezar pola base mais, a forza de traballar moi duramente, chegou a ser xerente da empresa.
A súa vida alí era de traballo e máis traballo, e cando tiñan tempo libre reuníanse con outras familias galegas.

Coa súa compañeira na lavandería onde traballou ao chegar a Xinebra
Foto 3