Elvira marchou a Suíza en 1963 por motivos persoais, xa cun contrato e despois de pasar todos os exames médicos. A viaxe foi en tren, e cun cartón colgado no gabán para que ao chegar a recollesen.

En Suíza traballou na hostalaría, comezando desde abaixo e traballando en hoteis de verán e inverno. A vida alí foi dura, moi dura, pero con moito esforzo conseguiu ascender. A cadea hoteleira en que traballaba enviábaa a España para que contratase xente para traballar alí, mais non podían ser só de Ourense, polo que percorría toda España. Tamén levou o seu irmán, quen quedou no país moitos anos máis ca ela.

Tarxeta do consulado de España en Zurich na que se acredita a súa nacionalidade para traballar
Cartón que levaba na viaxe de ida para que a localizasen ao chegar a Zurich e a levasen ao hotel
Elvira co grupo de cociñeiros que traballaban con ela
Pasaporte cos distintos visados