Francisco marchou con vinte anos a Francia pese á oposición da súa familia, xa que aquí non había traballo nin vía futuro. A través de Emigración conseguiu un contrato nunha fábrica de fundición. Marchou en 1963, e aos dezasete meses tivo que regresar para facer o servizo militar, mais en canto acabou volveu para París.
Alí traballou na hostalaría, nun restaurante onde coñeceu moita xente famosa. Nun principio comezou cun contrato para lavar a louza e, a base de ir aprendendo o idioma, conseguiu que o ascendesen a camareiro. Tamén traballaba limpando cristais e como chofer.
En Francia vivía nunha habitación dun hostal, e a xuventude reuníase na sala Bataclan para se divertir. Foi alí onde coñeceu a súa futura muller, e xuntos decidiron volver para Ourense, onde el puido abrir un bar na Praza Maior e a súa muller unha mercería.

Carné co seu grupo sanguíneo
Nas fontes do Trocadero
Na súa moto, que comprou para se desprazar por París
No seu traballo