Marco Isidro tiña o título de Mestre industrial na rama do metal e en 1971, con vinte e un anos, emigrou a Francia seguindo os consellos dos seus pais, que xa vivían en París.

Cando chegou comezou a traballar nunha fábrica de sopretes, nun posto sen categoría por non saber o idioma. Mais Marco Isidro traballou moi duro e catro anos despois, cando aprendeu francés, conseguiu chegar a xefe de taller, xa que coñecía moi ben o debuxo e as tecnoloxías.

Pese a que os seus plans nun primeiro momento eran os de ir probar sorte un ano, Marco Isidro botou oito no país, tempo en que casou e tivo un fillo. A adaptación en Francia foi fácil, xa que o único preciso era habituarse ás súas costumes e aprender o idioma.

Traballando na fábrica de sopletes
Cos seus pais en París
Co seu fillo nado en París