En 1972 Guillermo traballaba como mestre en Tordoia, mais vivindo en Compostela e sen coche tiña un longo percorrido en varios transportes até chegar ao seu centro. Ademais o destino da súa muller, tamén mestra, estaba moi afastado do del. Por ese motivo pediron o traslado a Canarias e foi así como acabaron vivindo nas illas.

Traballou como mestre de educación física e monitor deportivo, e foi un activo dinamizador da vida deportiva en Canarias, sen descoidar outra das súas facetas como activista cultural e escritor. A súa é unha traxectoria migratoria moi diferente á da meirande parte dos emigrantes galegos, e a súa etapa en Canarias foi moi satisfactoria. O clima e a vida nas illas era moi diferente da Galicia que deixaba atrás, nas súas propias palabras « en Canarias gástase moi pouco en roupa, mais a auga é un artigo de luxo».

Guillermo sempre veu periodicamente a Galicia, mais agora que está xubilado cambiaron as tornas, instalouse definitivamente en Compostela, e vai periodicamente a Canarias.

Foto 1