Jesús María naceu en 1932 no seo dunha familia de pequenos labregos. En 1965, con 33 anos de idade, decidiu marchar a Holanda na busca de oportunidades de traballo que na súa terra non tiña.

Instalado en Haren, Jesús comezou a traballar nunha fábrica téxtil. Nun primeiro momento vivía na residencia Nuestra Casa, formada por pequenas casas para oito persoas onde residía con outros galegos. Naquel tempo, a emigración galega era tan masiva, que Jesús conta como os holandeses lles dicían, con retranca, falando da competencia espacial entre soviéticos e americanos por chegar á Lúa, que ao chegar encontrarían alí algún galego.

A aprendizaxe do idioma resultoulle difícil, mais coa axuda dos compañeiros e dun pequeno dicionario non tivo problemas para entenderse no quefacer diario. Despois desta etapa inicial, Jesús marchou a Leiden para traballar nun matadoiro onde lle ofrecían mellores condicións laborais. Tratábase dun traballo en cadea, onde se respiraba disciplina e, ao mesmo tempo, compañeirismo.

O seu período na emigración durou apenas catro anos, xa que en 1969 regresou a Galicia, moi contento coa experiencia vivida e co trato recibido en Holanda. Destaca a boa xente coa que se atopou, xa que sempre se axudaban uns aos outros.

Jesús botaba moito en falta a calidade da comida galega, sobre todo o «caldo da avoa», mais, o que realmente motivou a súa decisión de regresar foi a súa muller e o seu fillo, que quedaran aquí cos seus pais. A morriña dos seus pola separación familiar e o feito de que lle xurdise unha oportunidade laboral no Hospital Xeral de Santiago trouxeron a Jesús de volta á casa.

Jesús María nació en 1932 en el seno de una familia de pequeños labradores. En 1965, con 33 años de edad, decidió emigrar a Holanda en busca de oportunidades de trabajo que en su tierra no tenía.

Instalado en Haren, Jesús empezó a trabajar en una fábrica textil. En un primer momento vivía en la residencia Nuestra Casa, formada por pequeñas casas para ocho personas donde vivía con otros gallegos. En aquel tiempo, la emigración gallega era tan masiva, que Jesús cuenta como los holandeses les decían, con sorna, halando de la competencia espacial entre soviéticos y americanos por llegar a la Luna, que al llegar se encontrarían allí a algún gallego.

El aprendizaje del idioma le resultó difícil, pero con la ayuda de los compañeros y de un pequeño diccionario no tuvo problemas para entenderse en el quehacer diario. Después de esta etapa inicial, Jesús se marchó a Leiden para trabajar en un matadero donde le ofrecían mejores condiciones laborales. Se trataba de un trabajo en cadena, donde se respiraba disciplina y, al mismo tiempo, compañerismo.

Su período en la emigración duró apenas cuatro años, ya que en 1969 regresó a Galicia, muy contento con la experiencia vivida y con el trato recibido en Holanda. Destaca la buena gente con la que se encontró, ya que siempre se ayudaban unos a otros.

Jesús añoraba la calidad de la comida gallega, sobre todo el «caldo de la abuela», pero, lo que realmente motivó su decisión de regresar fue su mujer y su hijo, que quedaran aquí con sus padres. La añoranza de los suyos por la separación familiar y el hecho de que le surgiera una buena oportunidad laboral en el Hospital Xeral de Santiago trajeron a Jesús de vuelta a casa.