En 1957, Benito, natural de Lois, en Ribadumia, decide marchar con vinte e seis anos á Arxentina, onde xa residía un irmán seu. O seu primeiro traballo en Bos Aires foi como camareiro nun hotel, e despois traballou de caixeiro nun banco. Cando se xubilou exerceu como porteiro nun edificio.
Casou por poderes e tivo unha filla, e os seus pais tamén foron para aquel país. A comunidade de galegos e portugueses na Arxentina era grandísima, e a súa integración foi boa. Benito presidiu durante moitos anos o Fogar de Ribadumia. Como mala experiencia no país, lembra un atraco que sufriu no ano 1967.
No ano 2002 a familia decide regresar a España pola mala situación económica que vive o país arxentino.