Olga Leboreiro, natural de Avión (Ourense) non se quería dedicar ás labores do campo e non podía estudar por falta de medios económicos, así que con dezaseis anos, en 1968, decide marchar a Alemaña, onde xa residían dúas irmás súas.
Ao ser menor de idade ningunha empresa a quería contratar, mais a súa perseveranza fixo que conseguise un traballo durante un ano nunha empresa de compoñentes eléctricos en Hildehaim. Despois marchou a Hannover a unha empresa de materia gráfico, onde traballou durante dez anos e foi ascendendo na súa categoría laboral.
En Alemaña casou e tivo un fillo, e en 1981 regresaron a Galicia, xa que non soportaba a separación da súa familia e quería que o seu fillo estudase en España. Ao seu retorno puido emprender varios proxectos empresariais que lle foron ben.
Olga considera a emigración coma unha experiencia positiva. A súa integración no país foi tan boa, e sentiuse tan ben acollida, que agora arrepíntese de non ter quedado e sente unha gran nostalxia por aquel país.

Nunha fábrica en Alemaña