José Antonio emigrou en 1972 coa súa muller a Suíza. Alí traballou na hostalaría limpando potas; despois o seu xefe ensinoulle a cociñar e quedou de cociñeiro cando este, unha vez xubilado, vendeu o restaurante.
Os novos xefes non tiñan moi boa relación con el, e o anterior xefe, ao sabelo, buscoulle un novo traballo noutro restaurante. Posteriormente puido cambiar de emprego, e estivo dous anos facendo aparatos médicos (próteses...). De aí pasou a traballar na cafetaría dun hospital, onde estivo doce anos como responsable dun equipo de doce persoas.
José Antonio considera que Suíza lle deu moitas oportunidades de traballo, e sempre os cambios foron para mellorar. Ademais, xa daquela había igualdade salarial entre homes e mulleres.