Como cada ano o Departamento de Francés do IES Francisco Aguiar promociona o coñecemento da lingua e cultura francesas nunha Semana da Francofonía.

Nesta ocasión contaron coa colaboración de D. Elías Martínez Martínez, socio do Centro de Maiores Afundación de Betanzos e voluntario do programa "Fálame da emigración", para dar a coñecer aos 80 alumnos de 3º da ESO as súas vivencias como emigrante en Francia.

encuentro betanzos francofonia