Ola, hoxe vou entrevistar a María del Carmen Portela García, miña avoa, pero todos a coñecemos como “Yeya”.
Ela é alta, de ollos claros e sorriso eterno e encántalle pintar e viaxar.
Polo que respecta ao seu carácter é dinámica, creativa, positiva, humilde e moi educada, ademais dunha avoa incrible.

Alex - Ola Yeya.
Yeya - Ola meu pequeniño.
A - Vou facerche unha entrevista sobre a túa emigración.
Y - Vale.
A - Onde levou a emigración á nosa familia?
Y - Levounos a separarnos varios anos en Venezuela.
A - En que ano foi iso?
Y - Nos anos 50.
A - Por que alí?
Y - Porque o idioma alí era o castelán.
A - Que vos levou alí?
Y - As facilidades que había de traballo.
A - A que idade fuches?
Y - Tiña 10 anos cando fun a Venezuela, pero o meu pai xa emigrara antes e despois veu recollernos.
A - Que foi o que te sorprendeu ao chegar?
Y - O bo recibimento que nos deron aos españois.
A - Que recordos gardas? Os bos e os malos.
Y - Sempre moi bos recordos.
A - Cal é o mellor de todos?
Y - O mellor recordo é estar co meu pai alí.
A - Onde viviais?
Y - Viviamos nunha cidade chamada “Barquisimeto”, nunha casa con xardín.
A - Como era a vida cotiá?
Y - Cómoda, miña nai non traballaba fora da casa e eu dedicábame a estudar, e os domingos meu pau levábame ao cine cunha amiga?
A - Onde estudaches?
Y - No colexio “María Auxiliadora Madres Salesianas”, a directora Sor Carmen Martinez era mexicana, todas as monxas eran moi boas comigo, en especial unha monxa chamada Sor Ernestina, era venezolana.Queríame moito porque eu era moi boa estudante, con ela facía cousas bonitas de manualidades.
A - Que festas faciades?
Y - No colexio celebrabamos a festa de María Auxiliadora, San Juan Bosco e Domingo Sabio e cada mes levabamos unha flor para a virxe.
A - Que foi o mais gratificante da túa época de estudante?
Y - Sempre ao acabar o curso e recibir as notas con moitos sobresalientes e a amizade coas miñas compañeiras de clase.
A - Fai unha descripción de aqueles anos nunha oración.
Y - A mais bonita da miña época escolar e que recordo con moito cariño.
A - Porque volvestes a España?
Y - Volvemos miña nai, meu irmán mais eu porque meu irmán enfermara. Despois voveu meu pai.
A - Que significou volver?
Y - Moita alegría.
A - Que cambio supuxo?
Y - Supuxo un pouco máis de liberdade.
A - Yeya ti xa percorriches medio mundo de feito, volviches moitas veces ao continente americano. Porque ningún viaxe te levou de novo a Venezuela?
Y - Non volvín pola inestabilidade social do país, pero se non fose por iso volvería encantada.

Esta é a historia da miña familia paterna, como tantas que a vida levou polo mundo.E como meu bisavó dicía: “Venezuela é un pais que recordarei porque A miña familia deulle un futuro mellor”. Quen sabe que futuro teremos nós.