Marchou buscando unha vida mellor e volveu por amor.
Manuel Soto marchou da súa terra buscando unha vida máis cómoda e deixando atrás unha Galicia destrozada pola posguerra pero o amor fíxolle volver.

Por que decidiu marchar?

A situación nesa época estaba fea, e eu quería marchar. Eu escribíalle as cartas a miña avoa porque ela non sabía escribir e un día pregunteille se podía pedirlle ó meu tío que tiña en Arxentina que me reclamara. E como aceptou marchei para alá no ano 1950

¿Que fixeches cando chegaches alá?

Empecei a traballar como cortador de confección e ao cabo dun ano, o meu xefe díxome:
-Galego! Queres entrar de socio comigo?
-Pero como vou entrar de socio? se non teño con que.
-Pois ti vas ao 40% e eu ó 60%. E estiven cinco anos traballando alí.

Por que non seguiches traballando co teu socio?

Tiñamos unha encarga para facer os uniformes dos gardas dos tranvías pero co cambio de goberno ese contrato extinguiuse.
Eses contratos conseguíanse a través de “amizades interesadas”.(Rise)

Que fixeches cando remataches co teu socio?

Comecei pola miña conta cun taller de confección.
E facíalle a roupa ás grandes casas.

Coas costureiras do taller

Como foi volver á túa terra despois de tanto tempo?

Ao cabo de tres anos volvín de vacacións a Galicia. E vin gastar o diñeiro que gañei(rise).
Eu tiña un pequeno obxectivo, porque me dixen a min mesmo:-Ata que non poida volver a Galicia cun coche, non volvo.
E así o fixen. Regresei á miña terra ao cabo duns anos co meu coche no barco.

Que fixeches nos seguintes anos?

Estiven de aquí para aló entre Arxentina e España traballando e fun no ano 1961.Naquel ano coñecín á miña muller. Eu só falei dúas veces con ela e estiven dende o 1961 ata o 1965 sen volver a España.

Foi ela a que fixo que volveras ano tras ano?

Así é. No 1965 volvín estar con ela e dende entón volvín todos os anos a España. Pero no 1967 non volvín simplemente para vela, senón para casarnos.

Onde decidiches vivir?

Fomos a Arxentina despois de casarnos e estivemos oito meses para arranxar uns negocios que tiña abertos alá e volvemos porque ela quería vivir en España. E así o fixemos.

Segues en contacto cos teus amigos daquela época?

Si. Coñecémonos no ano 1957 e dende entón xamais deixamos de ser amigos. Unha das cousas que ten ser emigrante é que os amigos se converten en familia.

Volverías a facer todo o que fixeches naquel momento?

Se volvese ser novo volveríao a facer unha e outra vez porque foi unha das mellores decisións que tomei na miña vida.

Das corredoiras da Terra Chá a 9 de Xullo en Bos Aires.

Bibiana Soto
Salesianos San Juan Bosco

O día da súa voda
O coche que mercou cos seus aforros
Trabajando como cortador de confección
Coas costureiras do taller
Embarcando para Arxentina