No ano 1964 Richard Nikolaus, un mozo nacido nunha pequena cidade alemá chamada Aschaffenburg, situada á marxe do río Meno, emprendía unha viaxe de vacacións á cidade da Coruña xunto cun amigo de orixe español.
Esta viaxe que no primeiro momento fora ideada coma unhas simples vacacións, converteríase sen lugar a dúbida na grande aventura da súa vida.
O meu nome é Sofía e estou aquí pra contarvos un anaquiño daquela historia.
Atópome fronte ó protagonista deste relato, que curiosamente resulta ser o meu avó, pra facerlle unha entrevista que poida reflexar retazos daquela vida pasada.

-1.Como viches que cambiou España e Alemaña ao longo de todos estes anos...pra ben ou pra mal?

A primeira vez que cheguei a España non existían autoestradas nin autovías. A comunicación en xeral funcionaba mal. Da mesma maneira ocorría coas administracións.
Cando definitivamente marchei do meu país de orixe, a segunda Guerra Mundial xa rematara había 18 anos. Hoxe en día ámbolos dous países, España e Alemaña, son democráticos ( Alemaña é unha república Federal e España e unha monarquía Parlamentaria).
Considero que os cambios xurdidos ao longo destes últimos anos foron enormes en tódalas esferas da vida (tecnolóxicas, culturais, administrativas...) e positivos en xeral.
-2. Nestes anos pensaches algunha vez en volver alí? (por motivos de traballo, familiares…)

Non. Pola miña profesión “experto en Comercio Internacional”, e as miñas frecuentes viaxes por todo o mundo, estou acostumado a convivir con persoas de diferentes nacionalidades e atópome ben en calquera país en xeral. Viaxar en ocasións fai esquecer un pouco o teu país de orixe. O feito de ter familia en Alemaña impulsoume a regresar en moitas ocasións ó meu país de modo que a morriña foi menor da esperada.

-3- Que trazos persoais, de carácter cres que ten que ter unha persoa que muda de país?

Debe ser unha persoa educada e con certo sentido da diplomacia e da humildade. A primeira impresión pode non ser favorable por iso debes ser moi coidadoso coas críticas. Débense evitar os estereotipos.

-4.- Que é o mais duro de vivir nun país que non é o teu?

Pra min non foi duro. A maioría das cousas foron positivas. Coñecín grandes persoas, teño moitos e bos amigos, gústame moito a gastronomía española (especialmente os produtos e a cociña galega, o marisco e os peixes son “Delicatessen” para min), ademais da súa paísaxe, o sol, as praias, os montes…Podería poñer moitos e máis exemplos de por que me gusta este país..

-5.Como axudan as novas tecnoloxías para comunicarse cos amigos, familiares...que están no teu país de orixe?

Este é un tema onde o cambio foi absolutamente favorable. Aínda me lembro das primeiras veces que tiven que facer chamadas telefónicas, sobre todo as de tipo laboral, dentro de España. Poñíante en contacto cunha Central e dependendo do horario, tiñas que esperar entre dúas e ata sete horas coa esperanza de poder comunicarte co cliente, incluso en ocasións era imposible a comunicación de modo que tiña que coller un medio de transporte tal coma coche, tren, avión… pra poder falar coa persoa destinataria.
Loxicamente e como todos sabemos, a tecnoloxía avanzou de forma asombrosa e imparable no ámbito das comunicacións.. Videoconferencias, Skype, Facetime, Oovoo… Isto supuxo un cambio radical na forma de conectar e comunicarse entre os cidadáns do mundo.

-6. Cales foron os maiores impedimentos pra emigrar naquela época na que ti o fixeches?

Un dos grandes impedimentos era coñecer o idioma. No meu caso eu non tiven ese problema. Cando cheguei por primeira vez a España xa coñecía o idioma, estudiárao na escola de economía en CALW, en Alemaña.

-7-Que motivos te levaron a emigrar?

Tiven que realizar pra unha compañía alemá unha viaxe a Lisboa, viñera cun amigo español, Quedei quince días. Coñecín a miña muller, alí tes a resposta, ese foi o único motivo, o amor.

-8-Tiñas algunha idea preconcibida ou estereotipo acerca dos españois? Cales serían as diferenzas que destacarías dos mesmos con respecto ós alemáns?

O certo é que naquela época non tiña un concepto preconcibido dos españoles e cheguei a España coa mente aberta e disposto a aprender e a compartir experiencias sempre desde o respecto.
A miña primeira impresión dos españois foi moi boa, sentinme acollido e en confianza, se ben é certo que coma en calquera sitio puiden comprobar que as diferenzas entre ámbolos países eran palpables, o tema da orde e da puntualidade quedaba compensada co carácter afable, xeneroso e hospitalario deste país.

Despedímonos e nisto consistiu a nosa breve entrevista.
O certo é que a parte da historia de como se coñeceron os meus avós é para min a máis interesante.
Coa primeira vez que se viron foi dabondo. Naqueles anos, sen internet, sen móbiles, sen Skype...sen medios de comunicación modernos, unicamente as viaxes e as cartas manuscritas foron as súas canles pra manter viva aquela incrible historia.
E así ata hoxe. Hai dous anos que fixeron as súas vodas de ouro....dá que pensar...