Fixen esta entrevista ao irmán da miña avoa chamado Manuel Ordóñez Feijóo, coñecido pola súa familia e polos seus amigos como “Pololo”. É unha persoa moi faladora e cunha vida moi interesante. Vou facerlle as preguntas que me pareceron máis importantes sobre a experiencia que viviu noutro país.

Comezo coas preguntas:

1ª) Mario: Onde naciches e en que ano?

Pololo: Nacín na Coruña, no ano 1.938

2ª) Mario: A que país emigraches e en que cidade residías?

Pololo: Emigrei a Alemaña e residía na cidade de Colonia.

3ª) Mario: Que idade tiñas cando emigraches?

Pololo: Tiña 21 anos

4ª) Mario: Por que razón emigraches e por que elixiches ese país?

Pololo: Emigrei porque tiña máis traballos alí e escollín Alemaña porque alí estaban moitos dos meus amigos.

5ª) Mario: Coñecías o idioma dese país?

Pololo: Nada, non o coñecía cando cheguei alí.

6ª) Mario: Entón, como entendías o que che dicían?

Pololo: Mirando nun dicionario nos primeiros tempos e, despois, fun aprendendo pouco a pouco o idioma.

7ª) Mario: Como chegaches ata o país? En tren, en coche?

Pololo: Cheguei en tren e tardei varios días porque tiven que ir ata Francia e desde alí fun a Alemaña.

8ª) Mario: Fuches con algún familiar ou amigo?

Pololo: Non, marchei só.

9ª) Mario: Atopaches traballo pronto? Que tipo de traballo?

Pololo: Sí, atopei traballo pronto grazas a que xa tiña amigos alí. Primeiro traballei nunha empresa farmacéutica e, despois, nunha fábrica de cervexa.

10ª) Mario: Cantos anos estiveches en Alemaña?

Pololo: Estiven 6 anos.

11ª) Mario: A experiencia no país foi boa? Ocorréronche cousas importantes alí?

Pololo: A experiencia foi moi positiva. Unha das cousas máis importantes que me
ocorreron foi que casei alí cunha muller galega e tiven ao meu primeiro fillo.

12ª) Mario: Por que volviches a Galicia?

Pololo: Volvín por temas familiares. Os meus pais botábanme de menos e eu a eles.

13ª) Mario: Volviches a Alemaña despois?

Pololo: Non, non volvín desde aquela.

14ª) Mario: Gustaríache volver a ese país?

Pololo: Gustaríame volver.

15ª) Mario: Que consello darías aos mozos que non atopen traballo en España e que estean pensando en emigrar a Alemaña?

Pololo: Diríalles que aprendan o idioma e que vaian máis preparados ca min porque, hoxe en día, o nivel de esixencia é maior nese país.

Doulle as grazas a Pololo por compartir comigo as vivencias dunha parte importante e imborrable da súa vida. Ten que ser unha persoa moi forte e valente para viaxar a outro país só, sen saber o que podería atopar alí e estando lonxe da súa familia.