Os meus avós, Tomás Mosquera e Carmiña Santos, emigraron a París (Francia) no ano 1964 con tan só 1000 pesetas no peto (6 €). Alí naceu a miña nai, Corinne, a mediana de tres irmáns.
Pese a encontrárense cun mundo moi diferente, unha gran capital, xente nova e un idioma que non coñecían, adaptáronse moi ben á cidade. O meu avó conseguiu traballo nun taller como mecánico, e a miña avoa como limpadora na casa duns condes. Os dous tiñan bos soldos e incluso podían mandar cartos para Lugo.
Un dos momentos máis duros que lembran foron as manifestacións de Maio do 68, unha serie de protestas dos traballadores que deixaron o país paralizado durante tres meses, sen luz e sen comida.
A pesar de que as cousas alí lle ían ben, botaban de monos a súa terra, e trece anos despois decidiron volver para Lugo. Unha vez aquí a miña avoa recibiu moitas cartas de agradecemento por parte dos seus xefes franceses.
Os meus avós viviron moi bos momentos en Francia, e sempre gardaron un recordo de cariño para o país que os acolleu e para as persoas que lles deron unha oportunidade.

Meu avó (o da esquerda) no taller onde traballaba
Meu avó en París
Miña avoa no centro George Pompidour
Miña nai de bebé, coa muller do xefe de meu avó