Alberto, primo do meu avó materno, emigrou a Montevideo en 1956, cando tiña 25 anos. A súa familia vivía en Santiago de Meilán, na parroquia de Distriz, moi preto de Lugo. Por esa época el estaba solteiro. A súa motivación principal para marchar foi que en Galicia non tiña traballo e precisaba buscar a súa forma de vida.
El viaxou, coma outros emigrantes que marcharon a América, en barco, e logo en autobús ata chegar ao seu destino . Unha vez alí, despois de moito tempo traballando como albanel, conseguiu aforrar para montar un restaurante galego. Alberto casou en Montevideo e tivo catro fillas alí. Cando por fin puido pagar unha viaxe para visitar aos seus pais, estes xa morreran . Ao final quedou en Montevideo e seguiu adiante co seu restaurante.
Este verán, as súas fillas, despois de moito tempo aforrando, puideron pagar unha viaxe para vir a Galicia e coñecer as súas orixes . E nós puidémoslles amosar a igrexa da nosa parroquia e a nosa aldea, onde naceu o seu pai. A pesar da distancia seguimos en contacto coa nosa familia de Montevideo. Precisamente mentres preparaba este traballo recibimos unha invitación para asistir á voda dun dos netos de Alberto.
Por desgraza, Alberto faleceu e todas as que quedamos con “Sandar” de primeiro apelido somos mulleres, polo tanto é moi posible que desapareza.

Foto 1
Tres das fillas de Alberto
A tía de Alba explicándolles a historia familiar ás fillas de Alberto