Con só 19 e 22 anos, os meus tíos-avós tiveron que emigrar cara á Arxentina. Foron despedirse da súa irmá á Coruña, e alí colleron un barco e marcharon cara ao seu novo destino. Chamábanse Joaquín e Julio Fernández Díaz, nacidos nunha familia moi numerosa. Eran seis irmáns e coa nai viúva. No ano 1931, morrera o meu bisavó (pai de Joaquín e Julio), aos poucos meses de voltar de Cuba, lugar onde fora emigrante e onde contraeu a enfermidade que lle causou a morte (tuberculose, seguramente). Nestas circunstancias, vendo as dificultades para saír adiante en Galicia, os dous irmáns decidiron emigrar, ao igual que moitos outros mozos da súa idade.
Julio nacera o 15 de xuño de 1930 e Joaquin o 27 de Febreiro de 1927. Naceron en Vilachá, a aldea natal da miña avoa.
Co paso do tempo foron atopando traballo en Bos Aires. Julio, despois de moitos esforzos chegou a ter o seu propio restaurante e Joaquín tivo varios traballos ao longo da súa vida: albanel, camareiro…
Os dous quedaron a vivir en Bos Aires, alí casaron, tiveron fillos e viviron na Arxentina ata a súa morte. Sempre mandaban cartas e postais e nunca perderon o contacto coa familia que deixaron aquí.

Joaquín e Julio coas súas mulleres e fillos en Bos Aires
Julio coa súa muller e filla