A segunda historia é a da miña tía-avoa, chamada Otilia Rivas Vila que é a irmá do meu avó, e filla de José, o meu bisavó, do que falei antes. Naceu no ano 1923 no mesmo pobo que seu pai, chamado Recimil . Ela non cambiou de país, senón que emigrou cara a Barcelona, xa que o seu marido tiña que ir traballar alí. A ela foille moi ben en Barcelona, incluso conseguiu que algún dos seus irmáns, ao ir visitala, tamén quedasen por aló un tempo traballando. Tivo dous fillos. En Barcelona, Otilia adicouse á costura, algo que lle encanta. Ela retornou a Galicia cos seus fillos e o seu home, tamén viñeron todos os irmáns menos un, que quedou por aló e aínda segue vivindo hoxe en Barcelona.
Despois do seu regreso, Otilia e o seu home puxeron un bar en Lugo cidade e anos despois deixárono e puxeron outro nos arredores de Lugo.

Otilia con algúns dos seus irmás en Barcelona