Os meus bisavós naceron nunha casa de campo. O meu bisavó, Eloy López Gallego, naceu aproximadamente no ano 1920 en Caraba (Paradela, Lugo) e morreu no 1980. A miña bisavoa, Palmira Cortiñas Rodríguez, naceu aproximadamente no ano 1923 en Valverde (Monforte de Lemos) e morreu no ano 1991.

Os meus bisavós emigraron a Venezuela no ano 1956. Xa tiñan un fillo, o meu avó Salvador, que daquela tiña dez anos. O motivo da marcha dos meus bisavós foi de tipo económico, traballaban no campo e uns parentes que estaban en Venezuela propuxéronlles ir alí. Viaxaron no barco Santa María, un gran transatlántico que os levou desde Galicia ata Venezuela. Tardaron 28 días en chegar ao seu destino.

Estiveron en Venezuela oito anos. Durante este tempo volveron á súa casa dúas veces. A súa vida en Venezuela foi mellor do que era aquí, xa que tiñan un traballo e podían aforrar algún cartos. A miña bisavoa traballaba de cociñeira e o meu bisavó de xardineiro e na limpeza de casas.
Todos os galegos que eles coñecían que estaban nunha situación similar: traballaban para gañar cartos. Adaptáronse facilmente xa que o idioma era o mesmo e coñecían a outros galegos que estaban alí. Voltaron oito anos máis tarde á casa que tiñan no campo. Sentíronse ben xa que tiñan ganas de volver a súa casa. Neses anos que estiveron fóra notaron que á súa volta cambiaran moitas cousas aquí.
Mentres o meu avó quedou en España, os meus bisavós viñeron a España dúas veces.