Cando o meu avó Salvador (nacido en 1946), fillo de Palmira e Eloy, cumpriu a maioría de idade foi a Barcelona onde fixo o servizo militar e anos despois (1971) emigrou coa miña avoa Carmen a Suíza. Cando emigraron tiveron que deixar aquí ao fillo de 10 anos que tiñan, que quedou cuns tíos. O meu avó emigrou polo mesmo motivo que moitos outros galegos: poder gañar cartos. Estivo alí 10 anos. En Suíza naceu a miña nai. Como os meus avós tiñan que traballar, a miña nai quedábase na casa duns amigos dos meus avós polo día . Pasábao moi ben xa que eses amigos tiñan una nena da mesma idade que a miña nai. O meu avó traballaba nunha fábrica de “Nailon”, unha fábrica téxtil. Ao principio tiña algunhas dificultades no traballo porque nunca vira unha fábrica tan grande xa que había máis de 6000 persoas e o idioma non era o mesmo. Tamén se dedicou ao fútbol. Voltou a España cunha filla de cinco anos e a súa muller para xuntarse con outro fillo que deixaran aquí.