Eu fíxenlle unha entrevista á miña avoa Mª Carmen Rodríguez López que ten 67 anos. A entrevista que realicei é sobre a súa emigración a Inglaterra. Ela marchou en 1970 porque aquí non había traballo e regresou en 1973 porque estaba embarazada. A súa emigración foi curta e boa: “Eu estiven alí tres anos”, “Quedei moi contenta”, ”nós marchamos de España con traballo, íamos a un colexio de nenas cegas”.

Alí ela entendeuse moi ben: ”entendíamonos ben porque alí onde fumos había unha inglesa que entendía un pouco de español”. Tamén os acolleron ben. Ela non emigrou soa e vivían bastante ben: “marchei co meu marido e co meu irmán”, “No recinto do colexio había vivendas para a xente que traballaba alí”.

A ela como emigrante gustaríalle volver porque a trataron moi ben e tiña un bo traballo: “A verdade é que si que me gustaría volver, porque quedei moi contenta”.