O meu nome é Leticia Rodríguez Torres, son do colexio Escolapios e estou no curso 3ºESO, o meu traballo da emigración trata do meu avó Tomás Rodríguez González, naceu o 10 de Xuño de 1946 e durante aproximadamente un ano estivo como emigrante en Xinebra, Suiza.
En 1974, por motivos económicos, como moitos otros e con só 28 anos tivo que emigrar, di que foi unha decisión difícil porque non só deixaba atrás á sua nai, senón que tamén a súa esposa embarazada e ao seu fillo de tan só 1 ano. O día 1 de Maio de 1974 colle un tren con destino a Suiza, para poder mandar diñero a España e manter a súa familia.
Alá dedicase a ser peón de albanel na construción nunha empresa chamada “Gilbert y Stoffel”, tamén di que tivo moita sorte porque non viaxou só, foi con outros familiares que a pesares de que él non sabía falar francés eles si, e fóronlle de grande axuda. Vivía na rúa “ De Lausanne” no nº 21 con outras catro persoas, e traballaba 9 horas ao día todos os días da semana, en ocasións libraban as fins de semá, e pagabanlle 3 ou 4 francos á hora. Erguíase ás seis da mañana para poder chegar ás seis e media e non parar de traballar ata ás doce do mediodía, a hora da comida, e volver comezar á unha para non rematar ata as sete, a hora da saída.
Tamén di que nunca lle dixeron onde se atopaba a sede central da empresa, cree que era un domicilio particular e que cando lles pagaban (por semana) entregáballo ao xefe ou ao encargado, en man.
En Suiza él coñeceu a máis emigrantes, persoas de Italia, Sicilia, Galicia, Andalucía, de León… di que en Suiza a economía era moito mellor que noutros países por iso a xente emigraba alí.
A relación que mantiña con España non era moi fluida porque rara era a vez que dispoñía dun teléfono e as cartas tardaban moito en ser enviadas e recibidas, polo que resultáballe triste non poder relacionarse coa súa familia con tanta regularidade. Ademáis tiña que mandar diñero, que era mais custoso e a miña avoa non tivo a oportunidade nin os medios para poder ir a Suiza a velo.
Conta que a súa volta a España foi cando lle rematou o contrato. Retornou en tren o 21 de Decembro de 1974, e foi un alivio para él volver ver á súa muller e aos seus fillos, porque a miña avoa xa dera a luz, despois de tanto tempo sen saber que estaban sans e salvos.
Di que el volvería marchar se fose preciso porque alá gañaría mais diñero que aquí en España. Él ten moi claro que non tería sido o mesmo se non coñecera a ninguén alí. E é unha mágoa que a economía en moitos países obrigue á xente a marchar a outros países para poder manter á súa familia.