Decidín facer o meu traballo sobre o meu tío avó Xosé Álvarez Pérez, que naceu no ano 1920 e faleceu o 22-08-1980. Emigrou a Venezuela cara os anos 40 acompañado da súa muller Carmen López cando él tiña uns 20 anos. Tiñan dúas fillas, as cales quedaron aquí cos seus avós.

En España, él era fillo de labradores e traballaba nunha canteira. Como eran 6 irmáns decidiu marchar a gañarse a vida por si só xa que a canteira era un traballo moi duro.
En Venezuela, comezaron gañándose a vida traballando os dous nunha casa, él como xardineiro e chófer e ela como cociñeira. Estiveron alí bastantes anos. Cando a súa situación económica mellorou, él pasou a traballar na construción como albanel e ela seguía mantendo algunha que outra casa. Estaban vivindo nunha casa na cal convivían con varios matrimonios. Anos máis tarde ascendeu a constructor contratista e puideron levar ás súas fillas a Venezuela, as cales estudaron as súas carreiras e compráronlles aos seus pais unha casa de seu.

Os meus tíos avós xubiláronse alí e él morreu no 80 e ela no 90 aproximadamente. Unha das súas fillas vive en Arxentina e casou cun embaixador, tiveron un fillo que estudou duas carreiras e levan unha vida cunha boa situación económica. A ela faltábanlle dous postos para ser embaixadora e o seu marido xa o era en Washington, entón, como 2 embaixadores de distinto país non podían estar xuntos, ela renunciou ao seu posto polo do seu marido.

A outra filla continuou en Venezuela, foi dona dun colexio inglés e dunha fábrica de produtos de pel. Posiblemente retornarán a Galicia este ano cos seus fillos e netos porque a situación de Venezuela é perigosa. Malia todo, Xosé era feliz, acabouse adaptando moi ben no seu novo fogar e tiña unha boa relación coa súa familia non emigrante por carta.

Eu non cheguei a coñecelo, pero gustaríame oír a súa historia contada por él mesmo. A miña avoa, que foi quen ma contou, non sabía moito sobre el, mais contoume que a súa situación económica non era mala e que os seus traballos custáronlle moito esforzo. Non tiñan moito contacto coa familia por aquilo da distancia, pero si se enviaban cartas de cando en vez.

Conclusión: a emigración non é nada doada, mais en ocasións é necesaria se as persoas implicadas estano pasando mal. É moi difícil deixar atrás familia e amigos moi próximos mais se volves ao teu país, as cousas poden cambiar para ben ou para mal. Inmigrar ou emigrar, en todo caso, é moi doloroso a nivel emocional, aínda que volves con moitas experiencias e coñecementos.