O protagonista da miña historia é o meu avó, Francisco Miguel Romero León, aínda que todos lle chaman Paco. Emigrou no ano 1966 a Bruxelas, Bélxica, cando tiña 21 anos de idade.

O meu avó vivía de pequeno en Peñarronda-Pueblonuevo un pobo de Córdoba (Andalucía), foise de España porque a súa nai non quería que na súa familia foran todos mineiros, e foise coa súa irmá que se chama Maruja e co seu marido a encontrar outro mundo.

O meu avó fixera xa a mili e para poder marchar ao estranxeiro tivo que pasar revisións médicas para poder ter o pasaporte, pero tivo sorte xa que un amigo dun familiar axudoulle a facelo para poder marchar canto antes.

O meu avó contoume que él non era nada bo coa nova lingua: ''Me entendía, me hice comprender a trompicones, yo hablaba cuatro palabras en español y una en francés, pero me entendía, con esta lengua que yo tengo … tracatrá´´.

Coñeceu a miña avoa nunha discoteca. Tiveron dous fillos xemelgos Mari, Paco e un terceiro fillo chamado Fidel. O meu avó cando chegou a Bruxelas empezou a traballar na limpeza, máis tarde na metalurxia onde pasou a ser xefe ''muchas estrellas tuve pero poco dinero´´. Máis tarde pasou á construción onde lle ofrecían máis, e despois traballou na empresa onde traballaba a súa muller, en fibra óptica, onde estivo seis anos case ata xubilarse, 'no pude quejarme del trabajo, siempre muy bien, trabajé mucho pero todo muy bien, muy contento´´.

O meu avó dicíame que eles eran felices ''Éramos felices, y en fin, con lo poco que teníamos éramos felices´´, alí crearon pouco a pouco a súa familia. Compraron a súa primeira neveira e sobre todo o que máis ilusión lle fixo foi unha radio para gravar, porque a el encantáballe ''A mí me gustaba mucho grabar, para cantar yo, y para contar chistes, yo venía del trabajo con una ilusión...y me gustaba escucharme allí en una radio grabadora´´

Eles ían pouco a pouco gañando diñeiro e tendo amigos que o pasaban moi ben, xuntábanse uns con outros nas vivendas. Viviron en tres casas a cada cal mellor ''No podemos quejarnos, vivíamos en unas casas estupendas. No pagábamos calefacción, teníamos unas casas preciosas, entre yo y la abuela ganábamos bien´´. O meu avó fixo moitos amigos segundo él '' a patadas´´.

Os meus avós viñan a España todos os anos de vacacións, Bélxica era un grande país ''Cuando yo fui a Bruselas y me bajé en la estación de mediodía yo vi los gorriones, y yo veía que no se escapaban de la gente y pensé esto debe ser un buen país porque los animales no escapaban´´.

Para o meu avó foi unha experiencia moi boa. Escoitaban moitas cousas de España que doían, sobre todo porque Bélxica era un país mellor que España, ''Yo soy muy español, siempre lo he sido (...) somos muy españoles, tanto la abuela que es gallega, como yo andaluz´´. Por iso decidiron volver e sobre todo porque dous fillos estaban aquí en España e xa naceramos nós, os seus netos.