O meu avó Manuel emigrou a México no ano 1939, xusto despois da guerra civil española, con 17 anos, para sacar a súa familia adiante. Por sorte non estaba só, xa que o seu irmán Francisco emigrara a aquel país moitos anos atrás. O meu avó comezou a traballar vendendo mobles e roupa en México xunto co seu irmán, e ao cabo duns meses, cando xuntou diñeiro para a viaxe, marchou tamén a miña avoa Teresa. Alí tiveron tres fillos: Josefina, Antonio e Manolo.

O regreso tivo lugar no ano 1963, xa que botaban de menos España e Galicia, e xusto o 15 de agosto dese ano naceu o seu cuarto fillo, José Luis (o meu pai). Uns anos despois naceron os meus tíos Guillermo e Pablo.

Para o meu avó a emigración foi unha experiencia inolvidable e, aínda que recoñece que foi duro sacar adiante unha familia nun país estranxeiro, afirma que mereceu a pena traballar tanto naquel momento para ter agora unha vida mellor.