Nacido o 17 de marzo de 1901 en Madrid e falecido o 13 de abril de 1955 na cidade de México, foi un famoso actor de cine e teatro.

Os problemas políticos do país durante a guerra civil empúxaronlle a iniciar unha xira teatral por toda latinoamérica. Chegou a Cuba no 1938 e mentres se recuperaba dunha operación de apendicite coñeceu a súa futura esposa Sarah Cabrera, unha poetisa, escritora e periodista. Tras facer algunha que outra función e película en Bogotá e Quito, continuou a sua xira e instalouse por un longo tempo en Perú. A finais dos anos 40 foi a México e tras representar numerosas obras morreu no 1955.
Toda a súa descendencia habita actualmente en México e un neto contactou connosco a través de Facebook. Grazas a iso a familia volveu a verse despois de máis de medio século.