Minha avóa chámase María Fernández Ferreiro e emigrou no ano 1966 a Venezuela e vivía en Caracas na zona de Chapellín e logo foi a Candelaria e alí estivo un mes, después foi ao Conde e botou 2 anos, finalmente mudouse a Bello Monte donde estivo 33 anos. O motivo que a levou a emigrar foi porque os seus país estaban alí despois de emigrar tamén anos antes no 57 emigraron eles. Ao chegar alí sintiuse un pouco triste porque deixou ao seus avós aquí, que foron os que a criaron xunto a súa irmá e ela non pensou que iba a quedarse tantos anos alá e a recibiron cos brazos abertos coma o resto que coñeceu, sempre di 'alí me recibiron mellor que cando volvín de regreso a Galicia'. Vivir en Venezuela era agradable, traballaba nunha conserxería dun portal do edificio Guanare en Bello Monte, tiña trato con tódolos veciños e a verdade non recorda que nadie a tratase diferente. Anos máis tarde morreu o seu marido e tivo que criar as súas fillas sóa, xa que nunca volveu a xuntarse con ninguén. Pasou tempo e o seu pai volveu a Galicia e ela detrás, tiña nese entonces 59 anos. Encontrou moitas cosas cambiadas, pero máis a maneira que tiñan os galegos a tratar aos de fora, como si non fosen tamén os seus compañeiros e ata hoxe, que ten 71 e di que volveira a repetir a experiencia unha e mil veces máis.