Augusto naceu no ano 1944 en Tomaguelos (Ourense) e, actualmente ten 74 anos. Estudiou en Salesianos e tamén fixo o bacharelato. Cando rematou os estudos entrou na mili, co uniforme de Garda Civil do seu pai. Un primo seu veu a facerlles unha visita e contoulle só as maravillas de aquel descoñecido país para él, Venezuela.

Ao ver que se traballaba pouco e gañábase máis do esperado, decidiu trasladarse alí, o levaría o seu primo que se iba xa de volta. Así que, coa mili por rematar, e xovenciño, despediuse dos seus familiares e amigos e puxo rumbo ás Américas. Ao principio a súa familia non aceptaba que se fora, nin sequera o crían, e ao ver que só lle esperaban bos momentos, deixáronno ir.

Por suposto, o esforzo que lle costó a Augusto separarse da súa familia, da súa terra, súa casa, e innomeable. Despois dun tempo, logrou superalo. Enamorouse perdidamente de Venezuela, ese país que o acolleu cos brazos abertos, do seu clima, e, sobre todo, da súa xente. Tivo que voltar pouco despois de levar 5 anos vivindo alí, pois seu pai enfermou. Volveu en canto puido.

No tempo que residiu alí, enamorouse dunha italiana que residía alí, Paola. Casaron e tiveron dúas fillas. O matrimonio non funcionou e separáronse. Agora as súas fillas viven en Madrid.

Tamén abriu un negocio de telas que lle foi moi ben ao ser a súa muller de Italia, lles traían as mellores sedas de Europa. Gañou moito diñeiro. Tivo que pechar e vender  todo, pola recente situación do país, e di que pensa pasar os seus últimos anos de vida na súa terra natal. Según a súa opinión, Venezuela cambiou moito. No só na economía, senon na xente, tan amable antes, e agora, ás veces, desconfiada.

Como me dixo él: "non é o que era".