Maruja era a curmá do meu avó e foise no ano 60 a Venezuela. Con 22 anos marchou cos seus dous curmáns a Venezuela para buscar traballo e para pagar os estudos dos seus fillos. Ela deixou co seu cuñado aos seus fillos na Coruña, para seguir os seus estudos na Escola Maestranza.
Cando os seus fillos cumpliron 17 e 19 anos marcharon a Venezuela coa súa nai. O maior dos fillos chamado Fernando, casou cunha rapaza chamada Milagros por poder (foi outro no seu lugar). E esta, cando xa era oficialmente a súa muller, marchou a Venezuela.
Milagros e Fernando tiveron unha filla chamada Verónica e crearon unha industria de fabricación de máquinas. O fillo pequeno de Maruja e irmán de Fernando casou cunha italiana en 1974, deste matrimonio naceron dous fillos chamados Miguel e Dayana.

Verónica, a filla de Milagros e Fernando criouse en Venezuela. Un rapaz de orixe mexicana chamado Ricky, foi vivir a Venezuela a vivir e alí coñeceu a Verónica. Eles seguiron vivindo en Venezuela.

Empezaron os problemas en Venezuela e Verónica e Ricky decidiron marchar a Canadá. Os pais de Verónica fóronse con eles e tiveron que vender a súa industria en Venezuela e pasar os bolívares a dólares. En Canadá criáronse dous fillos de Verónica e Ricky e os seis continúan vivindo alí e veñen de vacacións a A Coruña.