Meu avó emigrou a Inglaterra cando tiña 18 anos. Foi en busca de traballo xa que aquí non o había. Foi complicado xa que non sabía case nada do idioma, estivo aloxado nun apartamento con máis mozos.

Cando se foi deixou en Galicia á miña avoa, daquela aínda eran noivos. Traballou de cociñeiro en barcos e nun restaurante. Logo voltou a Galicia cando a súa situación xa mellorara.

Máis tarde foise nun barco pesqueiro, xa que era un traballo do cal había moito. Era un traballo de risco, ademais íase durante meses, ás veces por case un ano. Visitou moitos países e sitios do mundo. Mentres tanto, aquí tiña dúas fillas, que se levaban seis anos.

Dunha vez que volveu, retirouse de mariñeiro por motivos de saúde.