No 2001 miña nai, Marlene, chegou a España casada co meu pai José Antonio, que era español. Meus pais estiveron 10 anos casados e 10 anos vivindo os dous en Caracas, Venezuela. En decembro de 2002 tivéronme a min, a súa primeira e única filla, e tres meses despois do meu nacemento decidiron separarse.
Para miña nai foi difícil estar nun país descoñecido, con costumes diferentes e un clima totalmente diferente ao que había en Venezuela. Ela tivo que quedar en España sen poder voltar ao seu país porque tiña a custodia compartida co meu pai, e se voltaba, a perdía.

En 2008, 7 anos despois de saír de Venezuela, miña nai e eu fomos visitar a toda a nosa familia, os anos anteriores viñeran algúns familiares como a miña avoa, Adela, as miñas tías, Miriam e Cristina, tamén viñeran varias amigas e amigos de miña nai. Volvimos 3 veces máis despois da primeira vez.
Para miña nai foi difícil vir a España e quedar neste país, pero tamén foi difícil voltar e reencontrarse cos seus para despois despedirse e non saber cando os volvería ver, porque, ao fin e ao cabo, o corazón do emigrante está sempre dividido entre o seu país natal e o lugar a onde decide partir.