Meu avó de parte materna emigrou cando el era xove. Emigrou primeiro a Brasil con moita outra xente coa que pasou todo o seu tempo de vida alí. El non aprendeu o idioma de alí porque vivía con moita outra xente que emigrara con el e tamén falaban español así que non necesitou aprendelo. El traballou de obreiro porque non tiña estudos para facer outra cousa. El voltaba a veces para estar coa súa familia e quedaba arredor de dous meses na casa e despois voltaba a Brasil a traballar.
Despois de tres anos foise de Brasil para Holanda porque atopou un emprego mellor nunha fábrica. El tampouco aprendeu o idioma alí porque foi con moita outra xente coa que estivo e non tivo a necesidade de facelo. Pasou dous anos en Holanda e despois estivo traballando nos barcos petroleiros e pesqueiros durante uns 17 anos. Iba atracando na maioría dos portos, pero apenas baixaba do barco porque tiña moito traballo limpando o barco. Despois diso volveu á súa casa coa súa familia.