“A viaxe que cambiou as súas vidas”

Todo comeza o día 26 de maio de 1971, en Cerceda.
Encarna e o seu marido Jesús deciden emigrar a outro país para poder atopar traballo e unha vida estable.

Eles emigran a Suíza en tren xa que daquela non tiñan diñeiro como para permitirse un avión.
No camiño o único no que pensaban era en que farían ao chegar alí xa que non entendían o idioma e tampouco tiñan unha casa na que vivir.

Os primeiros días en Suíza foron moi difíciles xa que tiñan que durmir na casa duns veciños deles de Cerceda e ademais tiñan que encontrar traballo e unha casa na que vivir.

Encarna logrou atopar traballo. Primeiro, traballou no hospital cantonal de Xenebra de sete da mañá ás doce da mañá. E máis tarde de tres a seis e media da tarde.
Despois das seis e media da tarde ía limpar a casas ou a algúns bancos.
Máis tarde traballou durante un ano no palacio das nacións como limpadora.
O horario era das cinco da mañá ás nove da mañá e o resto do día traballaba como limpadora en hoteis.

Jesús tamén logrou atopar traballo.
Traballou nos servizos públicos de Xenebra e ademais limpaba na banca.

En canto ao francés, non lles custou moito aprendelo, xa que ao traballar entre franceses quedábaselles mellor.

Unha vez conseguiron un bo traballo que lles proporcionaba o diñeiro necesario para vivir ben, decidíron que o seu fillo fora vivir con eles, xa que el quedara en Cerceda coa súa avoa.
Carlos foi ata Suiza só aos 12 anos e retornou aos 17 cos seus pais.

O día 13 de xuño de 1990, Encarna, Jesús e Carlos volven a Cerceda.
Para eles foi difícil, xa que fixeran moitas amizades na súa estadía alí.

Ao chegar a Cerceda decidíron abrir un local na Coruña que actualmente é un bar.

En resumo ,o mellor que puideron facer na súa vida era loitar, xa que lograron vivir ben e deixar boa herdanza tanto ao seu fillo coma aos seus netos.