Miña avoa emigrou porque, igual que a maioría das persoas do campo naquela época, no seu pobo natal "O Barro" (A Coruña), non había ningunha posibilidade para gañarse a vida, sendo a súa familia moi numerosa.

Miña avoa coñecera anos atrás ao meu avó José, se ben aos poucos anos meu avó emigrou só a Lyón (Francia), para traballar como albanel. No ano 1964 miña avoa volver a ver ao meu avó, grazas a que el regresara durante unhas vacacións, e en febreiro do ano 1965 casaron con 22 anos. Aos quince días de casar, marcharon xuntos para traballar na cidade de Lyon, Francia. Alí miña avoa empezou a traballar de inmediato nunha fábrica de fíos que facían uniformes para militares. A fábrica chamábase "C´fullet", cobraba os días 5 e 20 de cada mes 150 francos, mentras que meu avó gañaba algo máis. Os comenzos foron moi difíciles xa que, aínda que o nivel de vida de Francia era moi superior ao de España, meu avós carecían de case todo. Saliran da casa cunha maleta cada un, na que levaban algo de roupa, uns zapatos de reposto e algo de embutido.
Uns anos despois a fábrica pechou, pero meu avó conseguiulle un traballo nunha fábrica de componentes eléctricos. Esta fábrica chamábase "Electro-fil", e alí estivo traballando ata que conseguiu atopar outro traballo máis cómodo nun Centro escolar, onde servía a comida, facía as camas e limpaba.
Miñá avoa dime que, aínda que é  certo que votaban moito de menos á familia, en Francia atopábanse a gusto, a relación que tiveron cos franceses e outros emigrantes foi moi boa. Era consciente que nun pobo, además da familia, deixara atrás pobreza e privacións. A ela non lle costou integrarse grazas a que meu avó xa emigrara antes a Francia, e encontrara moi boas amistades cos amigos e veciños. Unha vez á semana reuníanse todos os españois deo hostal para facer unha cena e contar anécdotas ou historias persoais, o que facía moi levadeiro o estar nun país extranxeiro. Escribían á familia unha vez á semana. As cartas as facía meu avó, porque sabía escribir mellor e tiña mellor letra, pero miña avoa lle decía o que debía poñer. No ano 1969 naceu alí a que sería miña nai, Rosa Bardanca. Cando miña nai cumpliu os 6 anos, debía escolarizarse en primaria, polo que tiveron que tomar a gran decisión, permanecer no país ou regresar a casa. Decidiron retornar a casa no ano 1975, cos aforros que ata entón conseguiran reunir, vendendo todos os seus mobles.
A viaxe de volta foi no seu propio coche, un "sinca 1300", dos que se vían poucos por aquí. Durou dos días, durmindo no propio coche. A pesar de que tiñan diñeiro, non durmiron en hoteis, porque estaban aforrando.
Miña avoa me sigue contando como ao chegar, viviron na Coruña, concretamente na rúa Barcelona. Ao principio estrañaban moito os costumbres de aquí e sobre todo o nivel de vida, que era moi baixo en comparación co que deixaran en Francia. Os comenzos volveron a ser duros. Pese a que traeran suficientes aforros como para comprarse a súa vivenda, ela tivo que adicarse ao coidado de miña nai, mentras o seu marido (meu avó José), seguía traballando como albanel, aínda que gañaba menos da metade que en Francia, polo que se sentiron algo arrepentidos da volta.

Miña avoa coméntanos ao final que, pese a todo o esforzo e momentos tristes, recorda con gran cariño aqueles anos e non se arrepinte nada de ter emigrado. Puido prosperar, facerse independente, traballar gañando un salario digno, coñecer outros lugares, outras persoas e outras formas de vivir.