Emigrou a Suiza no ano 1972 en busca de traballo, xa que aquí non o daba atopado. Cando marchou cara aquel país, descoñecido para él, nunca antes fora. Ía sen ter un posto de traballo, e unha vez que chegara alí, buscaría emprego. Atoparíao na construción, un sector moi importante naquela época.

Cando emigrou, tan só tiña 20 anos, e deixou atrás a súa familia e aos seu amigos. Para él non foi doado deixar todo isto atrás, xa que estas persoas eran moi importantes na súa vida, en especial seus pais, s cales animabano para perseguir os seus soños. Polo tanto a súa relación coa súa familia era boa. O contacto coas persoas de Galicia era mediante carta.

O seu xornal repartíase da seguinte maneira, unha metade era para para mandarllela a súa familia, e a outra para pagar a súa estancia alí. E se lle sobraba algo aforrabao, para un futuro, ou por se ocorría algún imprevisto.

En Suíza o mas complicado para él, foi a adaptación ao idioma. Xa que nunca tivera a oportunidade de aprender alemán. Pero fixo unha amizade que lle axudou a aprendelo. Este home era alemán, pero sabía algo de castelán, xa que no noso país tiña familia. Pouco a pouco fixeronse moi bos amigos.

Retornou cara Galicia no ano 1974. Estivo alí maís ou menos dous anos. Tivo que voltar cara aquí, porque quería facer a mili. Non voltou cara Suiza, e tampouco, por desgraza volveu ver as amizades que aló fixera pero nalgunha occasión si se comunicou mediante carta, con aquel home que lle ensinara o idioma alemán.

Aquí, logo de facer a mili, casou e tivo unha filla, a cal é miña nai.