Segunda vivía en Valdoviño, A Coruña. No ano 1911 decidiu emigrar a Cuba pola escaseza que había neses tempos en Galicia.
Elixiu Cuba porque na Habana tiña un irmán que xa emigrara antes ca ela.
Unha vez que chegou alá, empregouse de serventa nunha casa de ricos.
Como non sabía escribir, enviaba noticias á familia cando algún coñecido escribía por ela algunha carta.
O retorno, no 1913, foi motivado porque a súa sorte cambiou cando atopou cartos na rúa, e con eses cartos mercou un billete de lotaría da época que lle ofreceu o seu xefe. Esta lotaría resultou premiada e ela non dubidou en empregar os cartos para voltar á súa terra.
Unha vez de volta casou e, cos seus aforros, logrou unha cómoda posición grazas a que o seu marido converteuse en tratante de gando.

Fotografía tomada en Cuba antes da volta, 1913
Porto da Habana, 1911