No ano 1909 en Baiona, Pontevedra, naceu nunha familia rica de sete irmáns o señor Don Prudencio Eloy Fernández.
Fillo dos comerciantes Remijio Eloy e Orencia Fernández (propietarios do hotel Roma) seguiu os seus pasos e, mentres que viviu no seu pobo natal axudou os seus pais no negocio familiar e foi o dono dunha cafetaría na rúa principal da vila.

En 1935, a idade de 26 anos,emigrou á A Habana, Cuba, para prosperar no negocio familiar e conseguir así máis diñeiro.
Ao chegar alí, quedou asombrado pola abundancia de tantos vehículos, seguíu coa súa vida e,coa parte da herdanza que os seus pais lle deron por adiantado, creou o hotel Roma en Cuba e foi propietario dunha fábrica de azucre.

A comunicación cos seus pais era mediante cartas. Sempre desexou regresar a súa terra e volver a velos, máis coñeceu o amor da súa vida e futura muller,(da que non sabemos o nome, soamente que era unha cubana filla de españois emigrados a este país), centrouse entón en formar unha familia e prosperar no negocio.

Aproximadamente polos anos cincuenta, houbo un cambio de goberno e entrou o comunismo en Cuba.
No ano 1959, este réxime decide facer unha expropiación xeneral, sobretodo aos españois. Permítenlles saír de Cuba, sen levar nada, nin xoias, nin diñeiro, nin bens...(Prudencio sempre contaba que cando ía no barco cara o seu próximo destino nesta saída de españois do país, había xente que levaba billetes pegados con celo no interior da ropa para que non os pillasen)

O destino que escolleu meu tío foi Miami, e alí foi coa súa muller.
Como non tiñan nada,Prudencio comunicouse cos seus irmáns para ver se o podían axudar mandándolle cartos e outros recursos, estes respondéronlle axiña e axudáronlle en todo o posible.
Meu tío, un home emprendedor e moi traballador, creou en Miami un negocio de hostalaría.

En 1962, regresou a España, os seus pais acababan de falecer fai pouco, o seu irmán Remejio emigrara a Bos Aires e a súa irmá Carmen a Montevideo,Uruguay.

No mesmo ano, volveu a Miami e alí estivo toda a súa vida, tivo 3 fillos, seguiu co negocio de hostalaría... ata que falece no ano 1992.