O protagonista desta entrevista é Manuel Adão Gomes, o meu avó paterno. Desgraciadamente este faleceu en decembro de 2018, polo que a miña avoa Carolina, a súa esposa, contoume as razóns polo que emigrou, a onde e que fixo despois deste período. A entrevista foi feita en Lisboa neste principio de ano.

Esta historia comeza no ano 1967 cando meu avó tivo a oportunidade de emigrar a Francia. El neste momento xa estaba casado coa miña avoa e ela xa dera a luz ao meu tío José e tiña na barriga ao meu pai.

Eles vivían no norte de Portugal na provincia de Viseu, na cal pola época o traballo maioritario era o relacionado coa recollida da oliva e uva. O problema deste traballo era que era por épocas e o diñeiro non chegaba para sustentar a unha familia. Por todo isto decidiu emigrar a Francia.

Aínda que me esquecín de preguntarlle a mi avoa a que zona foi, ela díxome que segundo o meu avó estaba moi afastado do mar polo que debeu ser unha zona do centro de Francia.

A travesía non foi fácil xa que o meu avó viaxou en coche con dous amigos seus, os cales a miña avoa non recorda os seus nomes, ata as fronteiras onde cruzou ilegalmente, xa que consigo el non levaba papel ningún. El aínda cando chegou non sabía con exactitude no que ía traballar, el o que sabía era que ía cobrar moito máis que en Portugal, xa que naquela época o escudo portugués era moito máis débil co franco.

Grazas ós contactos que posuía traballou nunha fábrica e no campo ao mesmo tempo. A idea de el era traballar o máximo que puidera, aforrar cartos para volver pronto a Portugal coa súa familia. E así o fixo, catro estivo alí traballando. Cando regresou utilizou o diñeiro aforrado deses catro anos para comprar un bar noutra vila maior o cal tiña un vivenda encima. E así lles pudo dar a súa muller e fillos unha vida mellor ca que tiñan.