Na miña familia polas dúas partes (materna e paterna) tivemos contacto coa emigración, porque nesa época case todo o mundo emigraba para conseguir traballo e manter a súa familia polo que na miña familia non foi menos.

Pero neste traballo voume dirixir mais á parte paterna, o meu avó tiña cinco irmáns. Todos emigraron menos un, meu avó que quedou aquí en Galicia, na casa ao coidado dos seus pais. Meus tíos avós emigraron a Arxentina onde puideron axudar á miña familia economicamente. Dous deles xa morreron alí pero os outros tres aínda seguen vivos. Solo coñezo un par de parentes arxentinos polo que non sei quen é mais da metade da miña familia paterna.

Meu avó José Capelo Baña naceu nun pobo da Coruña chamado Olveira en Dumbria, a miña avoa Josefa Fernández Otero naceu nese mesmo pobo polo que o seu enlace non tivo moitas dificultades. Formaron unha fermosa familia con cinco fillos: Manuel, Maricarmen, Rogelio, Dolores e Jose Antonio (meu pai).

Entre os dous encargáronse de manter esta familia con moito amor. Meu avó traballaba nunha fabrica e a miña avoa era unha ama de casa. O que caracterizou sempre a familia Capelo foi a unión. Inculcaron valores en cada un dos seus fillos. Valores que recibimos tamén os seus netos.

Meus avós ensináronnos moitísimas cousas, foron dúas excelentes persoas de ben, aprendín moito deles e lle estou moi agradecido por iso, este traballo para min é como renderlles unha homenaxe. Destacar o importante que foron e seguirán sendo para a miña familia, da cal foron os creadores.