Nesta presentación falarei dos meus avós xa que os dous emigraron a países diferentes en busca de cartos e futuro e así podo explicar dous dos moitos casos e historias que forman parte da emigración de persoas.

Meu avó naceu nunha familia moi humilde formada polos seus pais e catro irmáns en Soesto, no concello de Laxe. Él tivo dificultades para poder ir a escola xa que dende moi pequeno traballou na casa doutras persoas con máis poder económico porque a súa familia necesitaba o diñeiro.

Cando el tiña 15 anos comezou a traballar nun aserradeiro, o seu traballo era cortar e transportar a madeira. Este emprego duróulle ata os 20 anos. Que foi cando comezou a traballar na mina de kaolines, que é un material moi fino co que se facían vaixelas de gran calidade e polo tanto estaba cotizado e daba traballo. El permaneceu alí ata que a mina pechou. Entón empezou a traballar de albanel e depois xa viño a etapa da emigración.

O meu avó materno Antonio vive nunha aldea, hoxe en día ten unha casa e unha familia e leva felizmente xubilado dende fai moito tempo. Pero non sempre foi así, tivo que emigrar e traballar duro para conseguilo. Él emigrou a Suiza porque non encontraba traballo en España xa que había crise e tiña que manter a súa familia, que era a súa muller e os seus fillos. Dous fillos, e unha filla, que é a miña nai.

El traballou de albanel, a súa experiencia foi moi boa xa que era outro país moito máis moderno segundo conta el e con máis maquinaria que permitía traballar en mellores condicións. Ademais en Suiza gañou moito máis diñeiro que en España polo que foi unha etapa moi boa para el e para a súa situación familiar.

Neste tempo os únicos problemas que encontrou en Suiza foi as dificultades co idioma neste caso alemán na súa zona xeográfica e ter que estar separado tanto tempo da súa familia. El foi temporeiro xa que traballaba de marzo a decembro en Suiza e o resto do tempo o pasaba na casa coa súa familia. Esta etapa tivo unha duración de 7 anos. O meu avó emigrou dende o ano 1985 ata 1992.

O meu avó paterno, José Fernández Prieto vivía na Coruña xunto coa súa familia e tamén estaba xubilado dende facía moito tempo. Desafortunadamente morreu en 2009 pero a súa historia da emigración sigue viva e podemos contala. O meu avó paterno pertencía a unha familia de labregos na provincia de Lugo, concello de Guitiriz. Formada por un matrimonio con seis fillos e os seus avós, el foi o cuarto fillo. Co cal tiña tres irmáns maiores e dous menores.

Cabe sinalar que as costumes da época nesa zona de Galicia era deixarlle ao irmán maior a casa, as fincas máis importantes e o ganado,que era a forma de vida da familia. Isto conlevaba a que os demais irmáns para montar unha familia e ter un bo futuro tiñan que marcharse da casa. Por iso o meu avó traballou uns anos de labrego e logo xa emigrou a Venezuela.

O meu avó paterno emigrou a Venezuela porque quería buscar un bo futuro e traer diñeiro a España para poder montar un negocio na Coruña. Cando el foi para alí aínda non tiña parella nin fillos pollo que estaba solteiro. Tiña unha idade de 35 anos. Segundo me conta o meu pai, el tivo unha boa experiencia tamén. Empezou traballando de peón na construcción e outros traballos de corta duración ata que conseguiu un bo traballo de cobrador e vendedor nunha empresa de electrodomésticos chamada Casa Mingo. Nesta empresa estivo dende o ano 1959 ata 1964, que foi o ano que regresou a España.

Cando volveu a España, co diñeiro que aforrara en Venezuela durante eses anos empregouno en montar un negocio na Coruña, como falaramos antes, do que puido vivir toda a súa vida ata que se xubilou. Neses anos tamén formou unha familia casándose coa miña avoa chamada Clara, co que tivo tivo tres fillos, o máis pequeno deses tres é meu pai.

Avó materno
Avó materno
Avó paterno