Natural de Suíza, Michelle casou con Ángel Iglesias, un emigrante galego naquel país. O matrimonio coñécese nunha academia onde ambos estudaban inglés. Primeiro foron amigos, pois os dous se interesaban pola física e as ciencias, e despois perdeuse o contacto entre eles durante un tempo. Ela seguiu cos seus estudos de mestra, e un día, preparando un exame para cambiar de cantón, reencontrouse con Ángel pola rúa e comezan a saír.

Dous anos despois, en 1968, o seu home marcha ao Canadá. Xa co billete comprado, aconséllalle a Michelle que non deixe o seu traballo, e así foi como ela queda en Suíza xunto co seu fillo. Non sería ata o verán de 1975 cando a familia se reúne no Canadá.

Michelle estuda inglés a fondo, e en 1986 consigue dar clases na Escola de Idiomas, traballo que compaxinaba coa realización dun Master en Lingüística que lle permitiu exercer como profesora interina no Departamento de Filoloxía.

En 1998 o matrimonio cambia de residencia para Galicia, a terra natal do seu home. Michelle comenta que ela sempre se adapta ben aos sitios e que está encantada de vivir na Coruña, aínda que segue facendo escapadas a Suíza para visitar a súa irmá.

Nunha comida cos seus veciños en Canadá
O seu fillo no tellado do garaxe
Pescando no lago xeado en Canadá